SÁBADO 19 DE MAIO: DÍA DA DIVERSIDADE NATURAL E CULTURAL

PROGRAMA:

11.00 h => Roteiro pola contorna da Eira da Xoana (Alumnos do IES O Mosteirón (Sada). Gañadores do concurso de video Correlingua, Organizado pola CIG -Ensino, Asociación socio-pedagóxica Galega e a Mesa pola Normalización Lingüística)

11.30 h => Inauguración de exposición fotográfica. Autor: Alberto Rodríguez Rey. Coñece ao autor consultando o seu currículo.

12.00 h => Identificación e sinalización da flora e fauna da Eira da Xoana.

13.30 h => Actuación da Coral de Lugh (Lugo)

14.30 h => Xantar na Eira. Houbo empanada, polbo, sobremesa e café. O prezo foi: 10 € soci@s e 12 € non soci@s, e foi IMPRESCINDIBLE ANOTARSE Contacta.

17.30 h => Música e Literatura (aberto a quen quixo participar)

Para ver o Cartaz da actividade preme eiquí
 

Entre os diferentes textos que se leron no acto literario contamos cun novo escrito comprometido e adicado a ADEGA feito por Lourenzo Díaz García. Para ver o documento preme eiquí

Comments are closed.