MÉRCORES 21 DE DECEMBRO: SOLSTICIO DE INVERNO

Unha vez máis celebrarmos a festa do Solsticio de Inverno.

Recuperando os últimos ecos dun ritual milenario, quixemos traer de novo á nosa sociedade unha celebración que se perde na noite dos tempos.

Nela rendíase homenaxe ao Sol, que rexuvenece cada ano para traernos luz, calor e vida.

Colaborou a Asociación Cultural O Galo de Compostela

PROGRAMA:

17.00 h => Encontro na Eira. Elaboramos fachos e o boneco do ano 2011.

17.45 h => Subimos ao Cotón dos fogos. Acto de despedida ao Sol que se fixo simultáneamente con outros grupos que estiveron situados en lugares destacados da contorna. Os grupos que participaron foron:

  • Bico da Balouta, estiveron en Chorén – Santiso
  • Buxaina da Ulloa, participaron dende a Zarra da Costa – Mácara
  • Herba Grileira, dende Pena Trigueira no Monte Careón, límite entre Melide e Toques

18.30 h => Queima do Tizón. Facendo lume novo que queimou o ano vello que remata.

19.30 h => Acto literario. Presentación por Anxo Moure do libro Rei da Floresta” de Curra Figueroa.

20.30 h => Cea e Actuacións. Coma no ano anterior contamos coa presencia de Mini e Mero.

–.– h => Remate. Cando se acabaron os folgos.

NOTAS:

1.- Para a cea cadaquén trouxo comida e algo máis para agasallar aos demáis.

2.- Como noutras ocasións nós puxemos queixo elaborado por Chus, marmelo e café. Aportación solidaria de 2 € soci@s e 3 € non soci@s.

3.- Se alguén quixo quedar a durmir na zona, houbo múltiples posibilidades cunha oferta moi variada.

Reportaxe fotográfica do Solsticio do ano 2010 na Eira da Xoana.

Documento sobre a tradición dos Solsticios

Comments are closed.