SÁBADO 3 DE DECEMBRO: ASEMBLEA POPULAR

Asemblea popular da República Ecolóxica do Alto Ulla

Puido asistir quen quixo.

Puido opinar quen lavou na Eira da Xoana polo menos unha culleriña que non usara.

PROGRAMA:

11.00 h => Traballos comunitarios. Picar leña para a cociña

14.00 h => Xantar. Cadaquén levou a súa comida para compartir. Houbo a posibilidade de degustar queixo da casa de Chus con marmelo e café. O prezo foi 2 € soci@s e 3 € non soci@s.

16.00 h => Asemblea . Orde do día:

  1. Análise das actividades realizadas
  2. Propostas para o futuro
  3. Varios

18.00 h => Remate da Actividade

A Asamblea tivo que rematarse na Asamblea de ADEGA do día 17 de Decembro, xa que a convocada foi suspendida por un “Espectáculo taurino”(tivemos que axudar a Chus a coller ao touro e mailas vacas que estaban soltas no prado).

Comments are closed.