SÁBADO 19 de NOVEMBRO: XORNADA MICOLÓXICA

Para coñecer os “Carapuchos dos Sapos”.

Organizan:

  • ADEGA
  • Asociación “Amigos da Escola de Basadroa”
  • Asociación Cultural o Galo de Compostela

PROGRAMA:

11.00 h => Encontro na Eira e pequena charla teórica sobre a actividade.

11.30 h => Saída polo camiño real até a Escola de Basadroa. Apañamos os cogumelos polas carballeiras do contorno deste histórico camiño que se recuperou. O roteiro son 3.5 km aproximadamente.

13.00 h => Chegada á Escola onde os cogumelos foron clasificados co asesoramento do especialista micólogo Alberte Granja.

14.00 h => Traslado á Eira onde preparamos os nosos cogumelos. Puidemos traer cogumelos apañados ou da tenda e cociñalos. Cadaquén tivo que traer a súa comida para o xantar. Houbo a posibilidade de degustar queixo da casa de Chus con marmelo e café. O prezo foi 2 € soci@s e 3 € non soci@s.

Ó remate do xantar houbo unha visita pola contorna.

NOTAS:

1.- As persoas interesadas tiveron que inscribirse antes do día 18 de Novembro chamando a Marcial 638 47 53 22 ou a Pepe Salvadores 659 68 33 84


Comments are closed.