SÁBADO 15 DE OUTUBRO: ACTIVIDADE COMUNITARIA NA EIRA

En colaboración coa Fundación Érguete e co programa de formación e integración sociolaboral de la Obra Social de la Caixa que dita Fundación coordina, tutoriza e supervisa, continuamos na Eira con traballos de carácter manual que tiveran comezo o  sábado día 8 (roza da chousa e recuperación de camiños). Nesta xornada de traballos comunitarios, prestaron de novo un servicio solidario á comunidade alumnos do programa “REINCORPORA” da Obra Social de La Caixa.

PROGRAMA:

11.00 h => Encontro cos alumnos na Eira e comezo dos traballos, que consistiron en:

  • Carreiro do Cotón: roza previa, construción e sinalización
  • Pomar: rareo de especies forestais para recuperar o espazo de froiteiras
  • Tundal: carrexo de pedras para a súa futura construción

15.00 h => Xantar de convivio no eirado da Eira da Xoana elaborado in situ por dúas Cooperativas de produción ecolóxica: “Millo e Landras” e ” Flor do Mácara”. A aportación solidaria foi de 12 € (10 para socios/as). Para participar no xantar foi imprescindible chamar durante o venres a Marcial 638 47 53 22.

16.30=> Continuación dos traballos.

19.30=> Remate da actividade.

Comments are closed.