SÁBADO 24 DE SETEMBRO: DENDE O PASADO ATA O PRESENTE EN BICICLETA

Esta actividade consistiu nun percorrido en bicicleta, ou tamén a pé , a cabalo, etc dende o Castelo de Pambre (sec. XIV) ata o centro ecoeducacional “Eira da Xoana”.

Situada no centro xeográfico de Galiza, é esta unha zona de contacto climático e xeolóxico. Os climas oceánico e mediterráneo, mistúranse e as rochas básicas do lopolito de Melide, contactan aquí coas graníticas e cuarcitas máis abundantes no noso país.

PROGRAMA:

11.00 h => Encontro diante do castelo.

12.00 h => Comezo da marcha, pasando pola ponte medieval, sobre o río Pambre, Castro de Remonde dende onde se pode ver o castelo. Descenso ó Batán onde o Ulla e o Pambre se encontran. Atravesamos a ponte de Ramil, ata San Martiño, para chegar á Eira da Xoana

14.30 h => Xantar de convivio no eirado da Eira da Xoana

19.30 h => Remate da Actividade


NOTAS:

1.- As persoas participantes na marcha, deberon traer roupa e calzado axeitados para ir en bici, camiñar, etc.

O que quixemos reivindicar con este acto:

    1.- Un planeta onde se reduza o consumo de enerxías fósiles. Unímonos así a un acto a nivel mundial, chamado “Moving-Planet”.

    2.- Reivindicar a recuperación e restauración do Castelo de Pambre que , agora aberto, precisa de ser restaurado e feito público, pois ainda non se efectivizou a súa merca definitiva para uso e goce de toda a cidadanía. Lembrar, por outro lado, que o seu interior está nun estado penoso e mesmo con ameaza de caída dalgún dos seus elementos, cos riscos que isto supón para as persoas que o visitan.

    3.- Tamén promover a restauración da contorna do Castelo:

– A Ponte Medieval, que cada inverno que pasa perde algunha pedra, arrastrada pola enxurrada.

– O Camiño Real, coa necesaria recuperación do enlousado de pedra, así como dos caneiros que levaban a auga ás leiras do Castelo.

– O Castro de Ramonde: roza e posta en valor do mesmo.

– O chamado “muíño do Henrique ou de Xacobe”, en estado ruinoso, e a pé del, a ponte sobre o río Pambre, agora caída.

– Chamar a atención sobre o feito de que todos os carteis colocados polo concello de Palas estean en lingua castelá, incumprindo a normativa autonómica que obriga ás entidades locais a promover a lingua propia de Galiza, ou sexa: O GALEGO

    4.- Facer visíbel esta rexión, na que Adega desenvolve a súa actividade ecoeducacional, a través do proxecto; “aldea verde, recuperación de saberes populares”.

Para máis información preme eiquí

Comments are closed.