SÁBADO 3 DE SETEMBRO: SON D´ALDEA

Como todos os primeiros sábados de mes, tivemos actividade na Eira da Xoana, pero nesta ocasión, trasladámonos a Santiago de Albá, no Concello de Palas de Rei, para compartir unha actividade dinamizadora da cultura rural, a través da participación activa da cidadanía.

Con esta actividade, tratouse de aproximarse ao pasado do rural galego e reflexionar sobre as vías de ruralidade no presente.

Houbo tamén espectáculo teatral, xantar con productos elaborados por xente que traballa no rural na actualide e romaría tradicional que pechou o evento. Ademais houbo mostra de artesanía alimentaria e oficios artesáns.

PROGRAMA DO DÍA:

10.00 h => Encontro na Eira para irmos todos xuntos a Santiago de Albá

10.30 h => Roteiro teatral: o monte, o lavadoiro, o forno, a lareira, a escola e o tundal

14.30 h => Xantar na aldea con María Castaña

16.30 h => Sega/Malla

19.00 h => Romaría/Concerto de Música Folk: Agrupación Musical Buxaina e a Quenlla

  • Fotos da Xornada
  • Roteiro Teatral:
  • Entrega de Premios e Xantar:
  • Malla:

  • Videos sobre a Xornada publicados por “ulloacrea”

    Fotos de Silvia Pena e Xosé Castro sirven para mostrar a xornada celebrada en Santiago de Albá de exaltación da cultura rural baixo o lema Son d´ Aldea. Palas de Rei, Comarca da Ulloa, 3 setembro 2011

    NOTAS:

    • A inscrición para participar nas actividades e no xantar foron obrigatorias e as prazas foron limitadas
    • Para inscribirse, púidose facer a través de : www.sondaldea.com ou no teléfono 982 380 251 ou no correo sondaldea@gmail.com

    Comments are closed.