SÁBADO 13 DE AGOSTO: SEGA EN ALBÁ (ALDEA DE ARQUEIXAL)

Na aldea Santiago de Albá sementouse centeo do país no inverno. Eran horas de apañar o froito e gozar dese momento de traballo comunitario, para o que se recomendou vir ataviados de chapeu de palla e pano na cabeza (mulleres) e no pescozo (homes), xunto con outras vestimentas propias do traballo.


PROGRAMA:

10.00 h => Encontro na Eira para ir todos xuntos a Albá

10.30 h => Chegada á aldea de Santiago de Albá

11.00 h => Comezo da sega

14.00 h => Remate da sega ( ás 12 meter serviraronse produtos ecolóxicos da aldea)

14.30 h => Traslado á Eira da Xoana, onde xantamos.

16.00 h => Traballos comunitarios de acondicionamento na Eira e visita ás Torrentes do Ulla onde, quen quixo, púidose bañar nas súas pozas.

NOTAS:

  • Esta actividade foi gratuíta.
  • Na aldea había e hai unha tenda con produtos ecolóxicos ao dispór de quen queira mercalos.
  • Se alguén estivo interesado puido ficar a xantar na aldea (prezo 20 euros) e (ou) durmir nas súas casas de aluguer (chamar antes) As Reservas debíanse facer no telfno.- 982 380 251 ou queixoarqueixal@terra.es

Comments are closed.