MOITISIMAS GRAZAS
Pola resposta a nosa petición de doazóns na campaña que realizamos para o arranxo da casa.
O resultado foi unha recadación de 10.572 € e
o gasto da reparación do tellado costou exactamente 6.637,24 € con dúas xornadas de voluntariado.
Co diñeiro restante tentaremos, en primeiro lugar, algún tipo de instalación que nos permita realizar actividades no exterior, unha vella idea que cobra máis interese pola situación sanitaria.
Damos por finalizada a campaña, aínda que queda algunha persoa que tiña intención de facer un ingreso e que non puido realizalo ata o momento.
Como podedes comprender, nunha instalación coma esta, sempre hai gastos, e, até o de agora, cubrímolos con achegas voluntarias en cada actividade e coa achega anual de varias persoas, “Amizades da Eira”.
A partir do ano que vén faremos o posible por ampliar esta base de “Amizades da Eira” para poder facer previsións en canto á programación de actividades.
Quedamos, pois, obrigados/as polas xenerosas achegas, imprescindíbeis para poder seguir facendo actividades. Recibide un saúdo fraternal e agradecido, co desexo de vernos o antes posíbel.