PRÓXIMAS ACTIVIDADES

SÁBADO 17 DE NOVEMBRO: SAÍDA MICOLÓXICA


 
 

Contaremos como noutras ocasións co asesoramento e guía do farmacéutico e micólogo Alberte Granja.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

 

PROGRAMA:

11.00 h : Encontro na Eira. Pequena explicación inicial e saída ó monte. Recomendábel levar navalla, un cesto e calzado apropiado para camiñar.

14.00 h : Chegada á Eira, onde clasificaremos os cogumelos.

14.30 h : Xantar de Convivio. cadaquén traerá o seu, que, seguindo o costume “da casa” compartillaremos cos compañeiros/as e complementaremos cos cogumelos acabados de apañar e ben cociñados (ou crus, dependendo da especie).

Para chegar a Eira preme aquí

DÍAS 24 E 25 DE NOVEMBRO: VISITA AO ALTO DOURO

Grazas á implicación do profesor da Universidade de Tras Os Montes e Alto Douro (UTAD), Xerardo Pereiro, habitual colaborador da Eira da Xoana, podemos ofrecervos a posibilidade de facer unha visita polo Alto Douro, que o propio profesor guiará.

SÁBADO 24:

Chegada a Vila Real. Ás 11 horas visita guiada ao Museo de Vila Velha. Despois do xantar, visita ao Miradouro do Douro e á Casa de Mateus. Regreso a Vila Real, paseo guiado polo seu centro histórico e cea. Ás 21,30 h, espectáculo de danza ou café-convivio no Teatro de Vila Real.

Domingo 25:

Ás 10 h, saída para o Parque Natural do Alvao. Visita ás Fisgas de Ermelo e Lamas de Olo. Ás 12 h, vista ao ecoparque de Pedras Salgadas e ao exterior de Vidago Palace.. As 13,30 h, comida en Chaves. Despois, pequeno paseo guiado pola cidade (termas, castelo…). Regreso.

Para inscribirse podes empregar o seguinte formulario. Debes cubrir un formulario para cada persoa que queira participar na actividade:

O teu nome

O teu email

Teléfono de contacto:

Preferencia de transporte
Coche particularAutobús

Se tes calquera necesidade especial sexa na alimentación, movilidade,... podes indicale no seguinte cadro de texto

Teclea os caracteres que aparecen para comprobar que non es un robot.
captcha

Lin e acepto o Aviso Legal e a Política de Privacidade.

O prazo remata o día 18 de novembro.

Para calquera consulta: 659 683 384 Pepe.

Podes descargar a planificación da visita e quen é Xerardo Pereiro no seguinte enlace: PLANO DA VISITA ALTO DOURO

Randulfa peque

Cada día de actividade na Eira da Xoana, se podedes, traede pan duro e/ou mazás para a burriña Randulfa que ademais de facernos boa compañía, témola connosco para axudar a recuperar a raza fariñeira.

Á última cría da Randulfa, o Farruco, despedímola a finais do 2014, sendo recollida pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego.

Se queres máis información sobre as diferentes actividades, podes contactar con Marcial: 638 475 322 ou Pepe Salvadores: 659 683 384.

Tamén no correo fundacion@eiradaxoana.gal