LEGAL

Nesta sección atoparás información sobre os aspectos legais no uso desta web.

CONDICIÓNS LEGAIS

Fundación Eira é unha organización privada sen ánimo de lucro e non gobernamental. Está clasificada como fundación de interese para a defensa do medio natural de Galicia e declarada de interese galego pola Xunta de Galicia. A súa personalidade xurídica está rexida pola Lei 12/2006, de 1 de decembro, de fundacións de interese galego, estando a súa actividade supervisada polo protectorado da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia. Figura inscrita no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.
Ten o domicilio social en Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela e N.I.F. número G70424734.
O acceso a esta web implica a aceptación sen reservas das presentes condicións xerais de acceso e uso. No caso de non estar de acordo con elas, deberá absterse de acceder á web ou de emprega-los servizos que se prestan a través dela. Estas condicións se rexen polos principios de legalidade e de boa fe, comprometéndose o usuario a utiliza-la web, así como a información ou servizos subministrados, de conformidade coa lei.
O usuario se compromete a comunicar a Fundación Eira, á maior brevidade posible, calquera incidencia que derive ou poida derivar nun risco da confidencialidade de datos. En ningún caso Fundación Eira será responsable de calquera tipo de dano que os usuarios ou terceiros puidesen ocasionar mediante este sitio web.
As presentes condicións xerais se rexen pola lexislación española. Para calquera controversia ou litixio serán competentes os tribunais de A Coruña (España), con renuncia expresa das partes a calquera outro foro.

CRÉDITOS, PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL

Fundación Eira é titular dos dereitos de propiedade intelectual e industrial sobre as imaxes, textos, deseños, animacións ou calquera outro contido desta web, dispoñendo das autorizacións necesarias para a súa utilización. Calquera acto de reprodución, distribución, comunicación pública, posta a disposición ou transformación, así como calquera outra forma de utilización ou explotación de todo ou parte de ditos contidos ou elementos, realizado baixo calquera forma ou mediante calquera medio, requerirá o consentimento previo e por escrito de Fundación Eira.
Esta web foi realizada por voluntarios da Fundación Eira, que participaron altruistamente tanto no deseño como na elaboración de contidos. Os autores dos textos, fotografías e ilustracións conservan tódolos dereitos de explotación das súas obras.
Esta web ten enlaces externos a páxinas web de terceiros, que poden estar suxeitas a dereitos de propiedade intelectual e industrial. Fundación Eira non se responsabiliza dos seus contidos, non podendo garantir a súa veracidade, exactitude ou calquera outro aspecto relacionado con esas webs.

POLÍTICA DE PRIVACIDADE

Se desexa exerce-los seus dereitos de acceso, rectificación, oposición ou cancelación dos seus datos persoais que figuran nos nosos rexistros, por favor, solicíteo escribindo un correo electrónico a fundacion@eiradaxoana.gal ou enviando unha carta ó noso enderezo postal enriba indicado. Do mesmo xeito pode darse de baixa dos nosos boletíns electrónicos enviando un correo electrónico a fundacion@eiradaxoana.gal, poñendo no asunto “BAIXA DE NOVAS”.
De acordo coa LOPD, Ley orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais enviados polo usuario a través dos formularios desta web serán incorporados en ficheiros dos que é responsable Fundación Eira. Estes datos serán tratados de xeito totalmente confidencial e serán usados exclusivamente para os fins expresados. O seu enderezo electrónico pode ser usado para enviarlle comunicacións ou para mantelo informado das actividades que organice ou participa Fundación Eira, salvo que nos exprese a súa oposición. No caso de menores de 14 anos, requerirase o consentimento dos pais, dos titores ou dos representantes legais do menor.
Fundación Eira cumprirá os niveis de seguridade legalmente esixidos pola LSSI, Ley 34/2003, de servizos da sociedade da información e do comercio electrónico, tendo adoptado as medidas técnicas e organizativas precisas para manter un nivel de protección dos datos persoais, e evitar, na medida do posible, accesos non autorizados.
Fundación Eira pode modificar sen previo aviso as características e especificacións dos seus servizos, así como calquera información recollida nesta web, e non está suxeita a ningunha garantía de ningún tipo. Fundación Eira non é responsable de ningún dano directo ou indirecto que poida ocasiona-la falla de exactitude, veracidade ou exhaustividade da información, ou o uso que se poida facer dela. O acceso a esta web non outorga licenza ó usuario para empregar, máis alá do uso estritamente persoal, ningunha información ou servizo presente nela.