COLABORA CO CASTRO DE REMONDE

colabora co castrogal_pequeORIXE DA CAMAPAÑA

ADEGA, organización ecoloxista sen ánimo de lucro, ten, desde a súa orixe, no ano 1975, a meta de defender a nosa cultura e medio ambiente e, consecuentemente, A EIRA DA XOANA, como proxecto promovido por ADEGA desde 2008, comparte e defende estes intereses promovendo ademais actividades e actuacións que contribúan a acadalos.

Unha das actuacións de ADEGA máis recentes, foi a ADQUISICIÓN, mediante pago por adiantado, DUNHA CHOUSA DUNS 6.000 m2 na que se localiza a meirande parte do coñecido como CASTRO DE REMONDE.

A DÉBEDA ADQUIRIDA POR ADEGA ata o momento ascende a un total de 7.000 € (a chousa custou 6.000 €, e 1000 € foron os gastos de tramitación iniciais).

Como moitos de vós saberedes, nestes momentos, ADEGA e a Fundación Eira teñen uns recursos económicos limitados para todas as diversas actividades e proxectos que leva a cabo.

Partindo da premisa de que: “con pouco de moitos podemos conseguir grandes obras e resultados na preservación do noso patrimonio e ambiente”. PRECISAMOS REUNIR A CANTIDADE INICIAL DE 7000 € entre todas aquelas persoas que, como nós, queiran preservar e poñer en valor o noso patrimonio e máis en concreto, o Castro de Remonde.

OBXECTIVOS DE PARTIDA

  • Retirar o mato para facer visibles os restos arqueolóxicos dando a coñecer á veciñanza e, á poboación en xeral, a existencia dun patrimonio que merece ser coñecido e conservado.
  • Recuperar e preservar un patrimonio arqueolóxico que non estaba a selo, non sendo nin tan sequera coñecido nin valorado, sendo habitual nas súas proximidades, plantacións de eucaliptos.
  • Poñer en valor este patrimonio, e ligalo ao interese cultura da contorna do Alto Ulla que, entre outros atractivos arquitectónicos e culturais ten tamén o Castelo de Pambre.
  • Complementar as actividades ambientais e culturais que desde a Eira da Xoana realizamos cun proxecto de gran envergadura como este.
  • COMO PODES AXUDAR ECONOMICAMENTE Ó PROXECTO?

  • MEDIANTE DOAZÓNS por ingreso bancario ó nº de conta ES11 2080 5034 613040007939 indicando o teu nome e apelidos, número de teléfono ou email de contacto e especificando se queres figurar como doador/a ou non da campaña publicamente. No concepto do ingreso detalla: APORTACIÓN PARA O CASTRO DE REMONDE. Tamén é posible facer a contribución de maneira anónima. (As achegas poden ser a partir de 1 euro)
    En todos os casos, A Fundación Eira pode xustificar oficialmente a aportación realizada ante Facenda para que cada persoa que faga unha doazón poida desgravar por esta contribución. Ponte en contacto co local de ADEGA no caso de precisar máis información.

  • ENTREGA EN MAN DE APORTACIÓNS ás persoas colaboradoras co proxecto, que dispoñen de talonarios específicos desta campaña. Esta opción será factible tamén durante as actividades que se organicen na Eira.
  •  
    OUTRAS COLABORACIÓNS QUE PODES REALIZAR:

  • DAR A COÑECER E DIFUNDIR este proxecto ao maior número de xente posible.
  • RECOLLER TI MESMO DOAZÓNS. Para elo, quen estea interesad@ en adquirir un TALONARIO para a recollida de ACHEGAS ECONÓMICAS para O CATRO DE REMONDE tan só ten que solicitalo a través do email eiradaxoanadega@gmail.com e poderá recollelo na Eira da Xoana ou facémosllo chegar doutro xeito.
  • UNIRTE AO PROXECTO CIENTÍFICO. Se estás interesado/a ou coñeces a especialistas ou afeizoados á historia, ao patrimonio, e á súa divulgación, contacta con nós.
  •  

    VISITAS GUIADAS AO CASTRO:

    Se entre as persoas que fixeron achegas se xunta un grupo mínimo 6, poderíanse organizar roteiros con visita ao Castro.

     

    PUBLICIDADE DA CAMPAÑA:

    O proceso de recuperación colectiva e as futuras actividades que vaian xurdindo arredor do CASTRO DE REMONDE, serán totalmente TRANSPARENTES.

    Desde os MEDIOS DIXITAIS QUE TEMOS EN ACTIVO (web da Eira da Xoana, web de ADEGA e a conta do facebook), ademais de informar das novas propostas de actividades e proxectos que xiren en torno ao Castro de Remondeiremos dando conta polo miúdo e nominadamente dos ingresos que teñamos para este proxecto, sempre co consentimento previo das persoas que realicen as achegas económicas. Do contrario, as achegas figurarán como anónimas.

    AS APORTACIÓNS REALIZADAS ATA O MOMENTO SON AS SEGUINTES:

    rexistro doazóns out2015

    Grazas de antemán polas vosas colaboracións nesta vosa campaña.