Actividades 2010

Aínda que se fixeron moitas máis actividades durante o ano 2010, aquí podedes ver os álbumes dalgunhas das que se teñen realizado nos últimos meses na Eira da Xoana…

(* Pedímosvos un pouco de paciencia para poder ver o resto e que se podedes vaiades mandando arquivo fotográfico, a poder ser clasificado por data, nome da actividade e algúns datos do transcurso da xornada ao noso correo: eiradaxoanadega@gmail.com)

30 de Outubro do 2010: Recolleita de cogumelos con todo un experto na materia para aprender a recoñecelos e non envelenarse -cousa importante- …E que ben sentaron cociñadidos por certo!

 

 

6 de Novembro do 2010: Desbouzamento da Eira e admiración da natureza. A degustación, coma de cotío, tampouco faltou…Unhas castañas, bo queixo e empanada enchéronnos o dente despois dunha xornada de actividade.

 

22 de Novembro do 2010: Lume, castañas e queixos frescos do territorio, estes últimos elaborados por unha das veciñas que colabora no proxecto, encheron o noso padal.A música tampouco faltou para crear un mellor ambiente aínda se cabe!

 

22 de Decembro do 2010: nesta data do solsticio de inverno celebramos o renacer do solnNovo, exorcizando todos os maleficios do ano que morreu e concitando os bons augurios, e as boas meigas para o próximo, alumeados có lume do Neno Sol que renasce cada novo ciclo solar.

A pesar de políticos/as e a pesar de egoismos e desprezos á humanidade dos malavados/as insensibeis á dor alheo, o Sol sempre volta nascer para dar esperança aos humildes e puros de coraçom. Para todas as “Boas e Generosas” do Mundo, e os seus companheiros, dedicamos esta festa de boa esperança.

– Os máis de 60 participantes na actividade subimos ao Coto dos Fogos para localizar o punto exacto por onde se deita o Sol na noite máis longa do ano.

– Prendimos fachos á noitiña e ao baixar á Eira queimamos o boneco representativo de todos os males do ano 2010

– Celebramos o triunfo do sol sobre as tebras e o ano que comeza con música en directo, recitais poéticos e foguetes, así coma cunha boa comida acompañada dun bo viño, sidra e queimada!

Algúns artistas que interviron (poetas, cantaoures e músicos):

Adela Figueroa Poema de Adela Figueroa

Xosé Vásquez Pintor

Xosé Luis Otero Cebral

Iolanda Fernándes Aldrei

Dominguiños de Melide

Mini e Mero… entre outr@s!

Máis información sobre os Solsticios

Reportaxe Natal 2010 por Xan Muras