VENRES 21 DE DECEMBRO: SOLSTICIO DE INVERNO 2018

Por noveno ano consecutivo, a Eira da Xoana celebrou o solsticio de inverno: o dia 21, venres, a partir das 17 h.

Festexamos o triunfo da luz sobre as tebras e a chegada dun novo ano.

Recollendo dos clásicos e das avoas a tradición, houbo lume (tizón de Nadal), cea convivio (cada quen leva algo para compartir) e na sobremesa tronco de Nadal.

Tamén houbo teatro, música, poesía…e a visita do Apalpador á xente miúda.

Contamos con vós, contamos contigo! Até o 21!.

Comments are closed.