DÍAS 24 E 25 DE NOVEMBRO: VISITA AO ALTO DOURO

Grazas á implicación do profesor da Universidade de Tras Os Montes e Alto Douro (UTAD), Xerardo Pereiro, habitual colaborador da Eira da Xoana, podemos ofrecervos a posibilidade de facer unha visita polo Alto Douro, que o propio profesor guiará.

SÁBADO 24:

Chegada a Vila Real. Ás 11 horas visita guiada ao Museo de Vila Velha. Despois do xantar, visita ao Miradouro do Douro e á Casa de Mateus. Regreso a Vila Real, paseo guiado polo seu centro histórico e cea. Ás 21,30 h, espectáculo de danza ou café-convivio no Teatro de Vila Real.

Domingo 25:

Ás 10 h, saída para o Parque Natural do Alvao. Visita ás Fisgas de Ermelo e Lamas de Olo. Ás 12 h, vista ao ecoparque de Pedras Salgadas e ao exterior de Vidago Palace.. As 13,30 h, comida en Chaves. Despois, pequeno paseo guiado pola cidade (termas, castelo…). Regreso.

Para inscribirse podes empregar o seguinte formulario. Debes cubrir un formulario para cada persoa que queira participar na actividade:

O teu nome

O teu email

Teléfono de contacto:

Preferencia de transporte
Coche particularAutobús

Se tes calquera necesidade especial sexa na alimentación, movilidade,... podes indicale no seguinte cadro de texto

Teclea os caracteres que aparecen para comprobar que non es un robot.
captcha

Lin e acepto o Aviso Legal e a Política de Privacidade.

O prazo remata o día 18 de novembro.

Para calquera consulta: 659 683 384 Pepe.

Podes descargar a planificación da visita no seguinte enlace: PLANO DA VISITA ALTO DOURO

Comments are closed.