SÁBADO 3 DE NOVEMBRO: ACTIVIDADES COMUNITARIAS, CLASES DE CANTO, PANDEIRETA E BAILE, PRESENTACIÓN DO LIBRO “VERSOS NOCTÁMBULOS” DE RICARDO SEIXO…


 
 

Este sábado estivemos pola Eira realizando diferentes tarefas organizativas e de mantemento do equipamento, preparándoo para a celebración das seguintes actividades.

Tivemos xantar de convivio e os obradoiros de cántigas, pandeireta e baile deron comezo, como de costume, a partir das 16.30 horas. O remate tivemos viño novo con castañas e Ricardo Seixo prensentou o seu novo libro “Versos Noctámbulos”.

 
 
 
 
 
 
 

PROGRAMA

  • 12:00 h: Inicio das actividades.
  • 14.30 h: Xantar de convivio. Cadaquén levou o seu para compartir.
  • 16.30 – 19.00h: Obradoiro de aprendizaxe e recuperación de cantigas populares, clases de pandeireta e baile. Impartem Ricardo Seixo e Noa Seixo.
  • 19.00 h: castañas e viño novo.
  • 19.30 h: Presentación do libro “Versos Noctámbulos” polo seu autor Ricardo Seixo.

Comments are closed.