DOMINGO 12 DE AGOSTO: HOMENAXES VÍTIMAS DA REPRESIÓN


ADEGA e a Fundación Eira da Xoana sumouse un ano máis a esta homenaxe que viñan facendo dende había anos outras organizacións. Honra en memoria das persoas que, por defenderen a xustiza e a liberdade, foron vítimas da represión nos anos da “longa noite de pedra”.
O acto estivo aberto a todas as organizacións e persoas que a título individual quixeron participar.

 
 
 
 
 
 
 
 
PROGRAMA:
11.45 h: Lugar de encontro: “O Coto”, situado na estrada de Melide a Palas de Rei (N-547), xusto no límite provincial.

12.00 h: Comezo do acto en Sá na volta de Ludeiro (Palas de Rei), no lugar onde apareceran os corpos sen vida de SIXTO AGUIRRE e CAMILO DÍAZ VALIÑO.

De seguido desprazamento ata Toques, e homenaxe a:

  • MARCIAL VILLAMOR en Vilouriz.
  • RAMÓN RODRÍGUEZ VARELA (O Curuxás) en Vilamor.
  • DELFINO LiÑEIRA FRAGA en Piñeiro (O tranviario).

15.00 h => Chegada á Eira da Xoana e xantar comunitario cada quen levou a súa comida para compartir- Acto final na Eira.

Comments are closed.