DOMINGO 11 DE FEBREIRO: ENTROIDO E LUPERCAIS NA EIRA DA XOANA


Un ano máis, celebramos o Entroido na Eira, e, como xa fixemos o ano anterior, a celebración estará en liña coa festa romana das lupercais.
Este ano nomeamos “Raíña Lupa” á nosa querida compañeira Isabel Risco polo seu compromiso continuado co medio ambiente.
Así, o domingo 11 xantamos un bo cocido, e, na sobremesa, entre risas, palabras, música e sonetos, nomeamos a nosa “raiña loba” 2018.
A partir das 12 h estivemos na Eira xuntando leña. O xantar foi ás 14,30 h, para o que puxemos 10 euros cada participante.

A celebración contou, ademáis, cunha presenza especial: a de Marcos Rodríguez Pantoja, o home que de neno viviu só cos lobos en Serra Morena.

Comments are closed.