Este sábado estivemos pola Eira realizando diferentes tarefas organizativas e de mantemento do equipamento, preparándoo para a celebración das seguintes actividades.
Os obradoiros de cántigas, pandeireta e baile realizaronse este sábado en lugar do primeiro sábado de mes, tal e como vimos facendo dende outubro do 2016, por coincidires coa celebración do día de reis.
Como sempre, os obradoiros deron comezo a partir das 16.30 horas.
PROGRAMA
- 12:00 h: Inicio das actividades.
- 14.30 h: Xantar de convivio. Cadaquén levou o seu para compartir.
- 16.30 – 17.30 h: “Polo gusto de cantar”. Obradoiro de aprendizaxe e recuperación de cantigas populares. Imparte Ricardo Seixo.
- 17.30 – 18.30 h: Clases de pandeireta. Imparte Noa Seixo.
- 18.30 – 19.30 h: Clases de baile tradicional con Noa Seixo tamén.
Aportación solidaria para os obradoiros:
- De 16.30 a 17.30 h: Gratuíto
- Obradoiro de pandeireta: 10 €
- Obradoiro de pandeireta e baile: 15 €
Para os nenos e nenas que vaian acompañados dun adulto, a actividade é de balde.