SÁBADO 7 DE OUTUBRO: DEMOSTRACIÓN DE MALLA E OBRADOIROS DE MÚSICA

img-20160928-wa0000

Este sábado en horario de mañá mallamos o trigo, que sementaramos no mes de marzo; e pola tardiña, tivemos os obradoiros de música como todos os primeiros sábados de mes.
Queremos recuperar esta actividade tradicional tan importante non hai tanto tempo nesta terra, e tamén contribuir á recuperación das variedades autóctonas, neste caso o trigo Callobre. Recoméndase traer sombreiro e un mallo ou mal.

PROGRAMA

  • 11.00 h: Inicio da malla. Lugar: “eira do Batán”. Se tes dúbidas de como chegar podías poñerte en contacto con Marcial a través do teléfono que aparece no contacta da web.
  • 14.30 h: Xantar de convivio. Cadaquén levará o seu para compartir.
  • 16.30 – 17.30 h: “Polo gusto de cantar”. Obradoiro de aprendizaxe e recuperación de cantigas populares. Imparte Ricardo Seixo.
  • 17.30 – 18.30 h: Clases de pandeireta. Imparte Noa Seixo.
  • 18.30 – 19.30 h: Clases de baile tradicional con Noa Seixo tamén.

Se queres participar nos obradoiros musicais, podes inscribirte enviándonos un mail a fundacion@eiradaxoana.gal ou chamando aos teléfonos do contacta da web.

Aportación solidaria para os obradoiros:

  • De 16.30 a 17.30 h: Gratuíto
  • Obradoiro de pandeireta: 10 €
  • Obradoiro de pandeireta e baile: 15 €

Para os nenos e nenas que vaian acompañados dun adulto, a actividade é de balde.

Comments are closed.