SÁBADO 9 DE SETEMBRO AS ACTIVIDADES COMUNITARIAS E OS OBRADOIROS DE MÚSICA

img-20160928-wa0000

Este sábado estivemos pola Eira realizando diferentes tarefas organizativas e de mantemento do equipamento, preparándoo para a celebración das seguintes actividades.

Os obradoiros de cántigas, pandeireta e baile realizáronse este sábado en lugar do primeiro sábado de mes, tal e como vimos facendo dende outubro do 2016, por coincidires coa celebración, un ano máis do evento Son D’aldea na parroquia de Albá.

PROGRAMA

  • 12:00 h: Inicio das actividades.
  • 14.30 h: Xantar de convivio. Cadaquén levou o seu para compartir.
  • 16.30 – 17.30 h: “Polo gusto de cantar”. Obradoiro de aprendizaxe e recuperación de cantigas populares. Imparte Ricardo Seixo.
  • 17.30 – 18.30 h: Clases de pandeireta. Imparte Noa Seixo.
  • 18.30 – 19.30 h: Clases de baile tradicional con Noa Seixo tamén.

Se queres participar nos obradoiros musicais, xa podes inscribirte enviándonos un mail a fundacion@eiradaxoana.gal ou chamando aos teléfonos do contacta da web.

Aportación solidaria para os obradoiros:

  • De 16.30 a 17.30 h: Gratuíto
  • Obradoiro de pandeireta: 10 €
  • Obradoiro de pandeireta e baile: 15 €

Para os nenos e nenas que vaian acompañados dun adulto, a actividade é de balde.

Comments are closed.