SÁBADO 12 DE AGOSTO: ROTEIRO HOMENAXE ÁS VÍTIMAS DA REPRESIÓN


ADEGA e a Fundación Eira da Xoana súmanse un ano máis a esta homenaxe que viñan facendo dende había anos outras organizacións. Honra en memoria das persoas que, por defenderen a xustiza e a liberdade, foron vítimas da represión nos anos da “longa noite de pedra”.
O acto está aberto a todas as organizacións e persoas que a título individual queiran participar

 

 

PROGRAMA:
11.45 h => Lugar de encontro: “O Coto”, situado na estrada de Melide a Palas de Rei (N-547), xusto no límite provincial.

12.00 h => Comezo do acto en Sá na volta de Ludeiro (Palas de Rei), no lugar onde apareceran os corpos sen vida de SIXTO AGUIRRE e CAMILO DÍAZ VALIÑO.
De seguido desprazamento ata Toques, e homenaxe a:
· MARCIAL VILLAMOR en Vilouriz.
· RAMÓN RODRÍGUEZ VARELA (O Curuxás) en Vilamor.
· DELFINO LiÑEIRA FRAGA en Piñeiro (O tranviario).
· BENEDICTO FUENTES DÍAZ en Curbián (Palas de Rei).

15.00 h => Chegada á Eira da Xoana e xantar comunitario –cada quen leva a súa comida para compartir- Acto final na Eira, con recoñecemento ao que foi alcalde republicano de Agolada, Primo Castro Vila.

Contaremos con Mini e Mero

Comments are closed.