SÁBADO 5 DE AGOSTO: ACTIVIDADES COMUNITARIAS e OBRADOIROS DE MÚSICA

img-20160928-wa0000
 

Este sábado, como todos os primeiros sábados de mes, estaremos pola Eira realizando diferentes tarefas organizativas e de mantemento do equipamento, preparándoo para a celebración das seguintes actividades.

Os obradoiros de cántigas, pandeireta e baile como vén sendo costume todos os primeiros sábados de mes dende outubro do 2016, darán comezo a partir das 16.30 horas.
 
 
PROGRAMA

  • 12:00 h: Inicio das actividades.
  • 14.30 h: Xantar de convivio. Cadaquén levará o seu para compartir.
  • 16.30 – 17.30 h: “Polo gusto de cantar”. Obradoiro de aprendizaxe e recuperación de cantigas populares. Imparte Ricardo Seixo.
  • 17.30 – 18.30 h: Clases de pandeireta. Imparte Noa Seixo.
  • 18.30 – 19.30 h: Clases de baile tradicional con Noa Seixo tamén.

 
Se queres participar nos obradoiros musicais, xa podes inscribirte enviándonos un mail a fundacion@eiradaxoana.gal ou chamando aos teléfonos do contacta da web.

Aportación solidaria para os obradoiros:

  • De 16.30 a 17.30 h: Gratuíto
  • Obradoiro de pandeireta: 10 €
  • Obradoiro de pandeireta e baile: 15 €

Para os nenos e nenas que vaian acompañados dun adulto, a actividade é de balde.

Comments are closed.