SÁBADO 6 DE MAIO: ACTIVIDADES COMUNITARIAS e OBRADOIROS DE MÚSICA

img-20160928-wa0000
 

Este sábado, como todos os primeiros sábados de mes, estivemos pola Eira realizando diferentes tarefas organizativas e de mantemento do equipamento, preparándoo para a celebración das seguintes actividades.

Os obradoiros de cántigas, pandeireta e baile como vén sendo costume todos os primeiros sábados de mes dende outubro do 2016, deron comezo a partir das 16.30 horas, pero tiveron lugar no Centro/Local Social de Basadroa. Quedamos ás 16.15 h na Eira da Xoana para irmos ata aló para aquelas persoas que quixeran ir ata aló en grupo. A pesar de que está moi preto da Eira, desprazámonos en coche.
 
 
PROGRAMA

  • 11:00 h: Inicio das Actividades. Charla-coloquio sobre garranos e lobo impartida por Santiago Bas, Asociación lobo.
  • 16.15 h: Encontro na Eira para ir en grupo ata a Escola de Basadroa, onde tiveron lugar este mes os obradoiros musicais.
  • 16.30 – 17.30 h: “Polo gusto de cantar”. Obradoiro de aprendizaxe e recuperación de cantigas populares. Imparteu Ricardo Seixo.
  • 17.30 – 18.30 h: Clases de pandeireta. Imparteu Noa Seixo.
  • 18.30 – 19.30 h: Clases de baile tradicional con Noa Seixo tamén.

 
Quen queira participar nos obradoiros musicais, pode inscribirse enviándonos un mail a fundacion@eiradaxoana.gal ou chamando aos teléfonos do contacta da web.

Aportación solidaria para os obradoiros:

  • De 16.30 a 17.30 h: Gratuíto
  • Obradoiro de pandeireta: 10 €
  • Obradoiro de pandeireta e baile: 15 €

Comments are closed.