LUNS 21 DE DECEMBRO: SOLSTICIO DE INVERNO NA EIRA

CONTAPORTADA

Nesta xornada, terá lugar unha das festas máis fermosas do ano na que celebraremos que os días comezan a medrar.

Estaremos pola Eira a partir das 11:30 horas para rematar cos preparativos.

PROGRAMA:

  • 11.30 h => Encontro na Eira e comezo das actividades.=’text-indent: 1em’

 

  • 14.00 h => Xantar de convivio. Cadaquén traerá o seu para compartillar.

 

  • 17.00 h => Prepararemos e repartiremos funcións para os actos.

 

  • 17.30 h => Subiremos ao Cotón dos Fogos para despedir ao sol, ao Castro de Remonde e ao miradoiro perto do Castelo de Pambre. Acto simultáneo con fachos, música e poesía.

 

  • 18.30 h => Baixaremos con fachos prendidos á Eira da Xoana onde prenderemos o tizón.

 

  • 19.00 h => Inicio das actuacións dos artistas que, xenerosamente, compartirán connosco música, poesía, contos e moito máis.

 

  • 20.00 h => Merenda-cea de convivio na que cada persoa aportará solidariamente o que poida.
     

  • -.- h => Remataremos a celebración cando xa non queden folgos.

Comments are closed.