SÁBADO 05 DE DECEMBRO: ACTIVIDADES COMUNITARIAS NA EIRA

traballos_comunitarios_xan

Como todos os primeiros sábados de mes, estivemos pola Eira realizando diferentes actividades organizativas e de mantemento do equipamento, preparándoo para a celebración das seguintes actividades.
 
Como sempre, houbo diferentes tipos de tarefas para realizar que se adaptaron a todas as idades.

 
PROGRAMA:

12.00 h => Encontro na Eira e comezo das actividades.

14.30 h => Xantar de convivio. Cadaquén, como de costume, trouxo o seu para compartir entre tod@s @s compañeir@s.

16.30 h => Continuamos coas actividades.

19:00 h => Dimos por rematada a xornada.

Comments are closed.