SÁBADO 07 DE NOVEMBRO: SAÍDA MICOLÓXICA

cartaz saida micoloxica
Contaremos co asesoramento e guía do farmacéutico e micólogo Alberte Granja.

PROGRAMA:
11.00 h => Encontro na Eira. Pequena explicación inicial e saída ao monte. Recomendábel levar navalla, un cesto e calzado apropiado para camiñar.
14.00 h => Chegada á Eira, onde clasificaremos os cogumelos.
14.30 h => Xantar de convivio. Cadaquén traerá o seu, que, seguindo o costume “da casa”, compartillaremos cos compañeiros/as e que complementaremos cos cogumelos acabados de apañar e ben cociñados (ou crus, dependendo da especie).
 

Se queres quedarte a durmir na zona para a Feira de Outono do dia seguinte, podes facelo nalgún dos seguintes aloxamentos.

Comments are closed.