SÁBADO 31 DE OUTUBRO: OBRADOIRO DE EDICIÓN DE VIDEO EN COLABORACIÓN COA ASOCIACIÓN ENFÓCAME DE MELIDE

cartaz

Aprendimos os conceptos teóricos e prácticos básicos para a edición de video e son nos nosos ordenadores, grazas a un programa de edición, con licenza Creative Commons, que se facilitou ao comezo do obradoiro para a súa instalación nos equipos.

Para participar no curso foi preciso realizar a inscrición e traer un ordenador portátil propio.

Como as prazas estiveron limitadas a 10 persoas co fin de garantir unha atención individualizada de calidade, tiveron preferencia na admisión no curso, aquelas persoas que participaron no obradoiro de gravación de video do pasado mes de agosto.

A actividade estivo dirixida e impartida pola Asociación Enfócame de Melide.

O custo do obradoiro foi 12 € e quen quixo puido anotarte para o xantar que facilitou a organización por unha aportación de 8 €.

PROGRAMA:

11.00 h => Encontro na Eira para recibir á xente e inicio da primeira parte de instalación do programa e máis teórica.

14.30 h => Xantar na Eira.

16.00 h => Continuamos coa parte máis práctica do obradoiro.

18.00 h => Rematamos co obradoiro

Comments are closed.