SÁBADO 03 DE OUTUBRO: ACTIVIDADES COMUNITARIAS NA EIRA: ARRANXO DO VALO

traballos_comunitarios_xan

Grazas á aportación de Luis Cachafeiro de 50 € arranxamos o valo nesta xornada de actividades comunitarias. Quen se puido achegar a botar unha man, aproveitou tamén para aprender a facer un valo con todo un experto a partir das 10 horas.

Ás 14.30, como de cotío, tivemos un xantar de confraternidade no que cada un trouxo o seu para compartillar.

Como xa había castañas, leváronse lotes cada un para probalas.

Comments are closed.