SÁBADO 19 DE SETEMBRO: VISITA GUIADA Á ASOCIACIÓN DOWN DE LUGO

down lugo

A actividade estivo organizada para un grupo de máis de 20 rapaces e rapazas da Asociación Down de Lugo e tivo un carácter pechado para este grupo.

O lugar de encontro para o inicio do roteiro foi o Castelo de Pambre.

PROGRAMA:

11.00 h => Comezo do roteiro entre o Castelo e o Castro de Remonde, continuando polo Camiño da Toca.

14.00 h => Xantar na Eira da Xaona.

–.– h => Á tarde realizamos un pequeno roteiro explicativo pola contorna da Eira e para rematar a xornada visitamos as Torrentes de Mácara.

18.00 h => Rematou a actividade.

Comments are closed.