ADEGA e a FUNDACIÓN EIRA sumámonos, un ano máis, a esta homenaxe que xa viñan facendo hai anos atrás outras organizacións. Honra en memoria das persoas que, por defenderen a xustiza e a liberdade, foron vítimas da represión nos anos da “longa noite de pedra”.
O acto estivo aberto a todas as organizacións e persoas que a título individual se quixeran sumar a esta celebración.
PROGRAMA:
11.45 h => Lugar de encontro: “O Coto”, situado na estrada de Melide a Palas de Rei (N-547), xusto no límite provincial.
12.00 h => Comezo do acto en Sá na volta de Ludeiro (Palas de Rei), no lugar onde apareceran os corpos sen vida do Sixto Aguirre e Camilo Díaz Valiño.
A continuación fumos cara Toques, onde homenaxeamos a:
- Marcial Villamor Varela
- Ramón Rodríguez Varela (O Curuxás)
- Delfino Liñeira Fraga (O tranviario)
14.30 – 15.00 h => Chegamos á Eira da Xoana e tivemos un estupendo xantar de convivio no que participamos ao redor de 30 persoas.
17.00 h => Actuación de Mini e Mero.
18.00 h => Homenaxe aos “fuxidos” no monólito situado na Eira da Xoana.
19.30 h=> Charla-coloquio co arqueólogo Antón Malde, director do proxecto do Castro de Remonde, quen nos explicou con detalle as tarefas de limpeza que se están levando a cabo no terreo do castro coa axuda do Concello de Palas, as primeiras hipóteses ao redor do castro e os proxectos de futuro que sería óptimo emprender.
21.30 h => Remate da actividade.