DOMINGO 9 DE AGOSTO: FESTA DA CABRA


Un ano máis, o segundo domingo do mes de agosto, tivo lugar a celebración da festa de verán máis importante para Ramil: “A Festa da Cabra”.

Dende a Eira da Xoana, unirémonos e apoiaremos esta celebración na medida do posible. Para elo, entre outras, organizamos un xantar aberto tanto aos/ás veciños/as do lugar, como a todas aquelas outras persoas que quixeron pasar unha xornada festiva en boa compaña.

 

PROGRAMA:

12.30 h => Encontro na Eira para recibir á xente que veu para a festa convidándoa a que visitase a nosa casa e, ao mesmo tempo, preparar as cousas necesarias para o xantar.

13.45 h => Achegámonos ao concerto no campo da festa.

14.45 h => Xantar na Eira. Houbo GUISO DE CABRA FEITO AO XEITO DE SANTIAGO. FOI IMPRESCINDIBLE CONFIRMAR A ASISTENCIA ANTES DO XOVES 6 para valorar a realización do xantar en función do número de persoas que se apuntasen e foi para adiante con 20 persoas. Púidose confirmala a través dos teléfonos do contacta da web, por email a eiradaxoanadega@gmail.com ou no facebook.

Continuamos o noso convivio até o serán. Á noitiña, antes de que comezasen a tocar as orquestras para dar axeitado remate á festa, achegámonos ata o campo da festa coa cabra que achegou ata a Eira o compañeiro Suso e a nosa burriña Randulfa.

NOTAS:

O custo da actividade foi de 11 € (9 para socios/as)

banner_asemblea_agosto_2015

Comments are closed.