SÁBADO 1 DE AGOSTO: ASEMBLEA DE VERÁN NA EIRA E ACTIVIDADES COMUNITARIAS

Como todos os primeiros sábados de mes, estivemos pola Eira realizando diferentes actividades organizativas e de mantemento do equipamento, preparándoo para a celebración das seguintes actividades e organizando o programa de actividades para os meses seguintes e, en especial, as próximas homenaxes ás persoas víctimas da represión e crentes comprometidas co país. Como sempre, houbo diferentes tipos de tarefas comunitarias para realizar que se adaptaron a todas as idades. Mais este sábado foi especial porque tamén celebraremos a ASEMBLEA DE VERÁN DA EIRA DA XOANA.

PROGRAMA:

12.00 h => Encontro na Eira para o inicio da asemblea. Nesta primeira parte da asamblea, ademais doutros asuntos, centrámonos na organización das vindeiras actividades de elaboración e edición de video en colaboración coa Asociación Enfócame de Melide e na mellora e avances realizados e a emprender no proxecto do Castro de Remonde.

14.30 h => Xantar de convivio no que cadaquén levará o seu para compartillar.

16.30 h => Continuamos coa orde do día da asemblea.

Programación de vindeiras actividades, organización, continuidade e mellora das feiras na Eira da Xoana, optimización da difusión das diferentes actividades, presencia nas redes sociais, etc. Xurdiron propostas ben interesantes das que vos iremos dando conta.

Propostas para o futuro.

Estratexias para o financiamento do proxecto.

banner_asemblea_agosto_2015

Comments are closed.