LUNS 20 DE XULLO: ACTIVIDADES COMUNITARIAS E VISITA GUIADA AO GRUPO DE SCOUT MATTERHORN 217 DE MADRID

visita_ceip_agolada_2013

Dende primeiras horas da mañá, estiveron connosco este grupo de 33 escouteiros e os monitores que os/as acompañaban. A rapazada, con idades comprendidas entre os 14 e os 16 anos, de maneira voluntaria e por petición do propio grupo, realizaron diferentes traballos de acondicionamento da casa e da contorna. Tamén tiveron tempo para o lecer, para coñecer a nosa contorna. Os compañeiros Marcial, Pepe e Curra realizáronlles un roteiro guiado pola zona do Alto Ulla e probaron as augas do río, como podedes ver na reportaxe.

Comments are closed.