SÁBADO 4 DE XULLO: ACTIVIDADES COMUNITARIAS NA EIRA DA XOANA

traballos_comunitarios_xan

Como todos os primeiros sábados de mes, estivemos pola Eira realizando diferentes actividades organizativas e de mantemento do equipamento, preparándoo para a celebración das seguintes actividades e organizando o programa de actividades para os meses seguintes. Como sempre, houbo diferentes tipos de tarefas para realizar que se adaptaron a todas as idades.

PROGRAMA:

11.00 h => Encontro na Eira e comezo das actividades.

14.30 h => Xantar de convivio. Cadaquén, como de costume, trouxo o seu para compartir entre tod@s @s compañeir@s.

16.30 h => Continuamos coas actividades e a Tamara e mai-lo Marcos peinaron á Randulfa deixándoa como “nova”. No seu primeiro peinado na Eira da Xoana, descubrimos que á nosa burriña gosta moito do peiteado.

20:30 h => Dimos por rematada a xornada.

Comments are closed.