SÁBADO 6 DE XUÑO: ACTIVIDADES COMUNITARIAS NA EIRA DA XOANA

Como todos os primeiros sábados de mes, estivemos pola Eira realizando diferentes actividades organizativas e de mantemento do equipamento, preparándoo en especial para a celebración da feira de primavera que tivo lugar ao día seguinte.
Como sempre, houbo diferentes tipos de tarefas para realizar que se adaptaron a todas as idades.

PROGRAMA:

11.30 h => Encontro na Eira e comezo das actividades.Entre outras, montaxe de carpas que nos emprestaron, como en edicións anteriores, os Concellos de Agolada e Palas de Rei.

14.30 h => Xantar de convivio. Cadaquén, como de costume, trouxo o seu para compartir entre tod@s @s compañeir@s.

16.30 h => Continuamos coas actividades.

22:00 h => Rematou a xornada.

Quen quixo, poido PASAR A NOITE na Eira da Xoana, con saco dentro da casa ou fóra en tenda de campaña, avisándonos previamente cun email. Quenes o preferiron, puideron durmir nalgúns dos aloxamentos da contorna da Eira, reservando previamente en cada establecemento. A información destes aloxamentos pódese atopar á man dereita na nosa web.

Comments are closed.