SÁBADO 28 DE MARZO: II ATURUXO Á TERRA

I Aturuxo a Terra 2014
 

Diferentes actos literarios e musicais encheron de actividade este día de festa adicado á Terra con motivo da chegada da primavera.

 
 
 
PROGRAMA:

11.30 h => Prensentación do libro “As Pontes do Ulla” pola Asociación Raiceiros.

Unha edición que pón de manifesto o proxecto cultural realizado sobre as pontes do río Ulla que consiste na catalogación e descrición das diferentes pontes e pasos que cruzan o río dende o seu nacemento ata a desembocadura na Ría de Arousa.

Este libriño, ilustrado con moitas imaxes, complementa outras iniciativas realizadas pola asociación. A destacar: unha exposición de paneis divididos en catro partes como o río (A Ulloa, entre A Ulloa e a Ulla, A Ulla e O Ullán), e un xogo de mesa con preguntas relacionadas coa cultura, natureza, gastronomía e arquitectura dos 19 concellos polos que pasa o río e sobre o país en xeral.

12.00 h => Roteiro polas pontes, portos e pasos do río.

14.00 h => Xantar de convivio. Cadaquén trouxo o seu para compartir entre tod@s @s compañeir@s.

16.30 h => Inicio do ATURUXO Á TERRA: festa con música e poesía para celebrarmos a entrada da primavera.

21:00 h => Fin da actividade.

Comments are closed.