SÁBADO 7 DE MARZO: ACTIVIDADES COMUNITARIAS E DE ELIMINACIÓN DE EUCALIPTOS

cartel eucaliptos 2015

Como todos os primeiros sábados de mes, estivemos dende as 12:00 horas pola Eira da Xoana, realizando diferentes actividades de mantemento e organización do equipamento, preparándoo para a celebración do resto das actividades do ano.

Pola tarde, convocamos a unha xornada de eliminación de eucaliptos nas fincas que a Fundación Eira custodia en Ramil, Agolada.

A xornada, en horario de 16 a 18h, enmarcouse dentro da campaña “Cousa de Raíces” en defensa dos nosos bosques autóctonos.

Traballamos nunhas parcelas custodiadas pola Fundación Eira no lugar de Ramil, Agolada, en pleno Alto Ulla, e ao carón da Eira da Xoana.

Comments are closed.