DOMINGO 21 DE DECEMBRO: SOLSTICIO DE INVERNO, UNHA DAS FESTAS MÁIS FERMOSAS DO ANO.

Cartaz Solticio dec 2014

A partir das 11:30 horas estivemos pola Eira para rematar cos preparativos.

PROGRAMA:

11.30 h => Inicio das actividades.

14.00 h => Xantar de convivio. Cadaquén trouxo o seu para compartillar.

17.00 h => Preparamos e repartimos funcións para os actos.

17.30 h => Subimos ao Cotón dos Fogos, Castro de Remonde…

18.00 h => Despedimos ao sol.

19.00 h => Prendimos o tizón.

19.30 h => Iniciou O Apalpador as actuacións dos artistas que, xenerosamente, compartiron connosco este día.

-.- h => Remate da celebración, de madrugada.

NOCES Á VENDA

Este día tivemos na casiña noces para a venda. Eran ecolóxicas, de Ramil e baratas! 

Quen quixo puido reservalas a través de email ou nos contactos de sempre.

Se alguén quixo durmir na zona puido facelo nos seguintes aloxamentos:

www.arqueixal.com

www.pazoeidian.com

www.abolboreta.com

www.aparadadasbestas.com

www.casablancoterraulloa.com

www.balnearioriopambre.com

Comments are closed.