SÁBADO 13 DE DECEMBRO: ACTIVIDADES COMUNITARIAS DE PREPARACIÓN DA CASIÑA PARA O SOLSTICIO E EMBOTELLADO DA SIDRA DA EIRA

embotellado de sidra

A partir das 11:30 horas estivemos pola Eira realizando diferentes tarefas de preparación da casiña para a celebración do Solsticio de Inverno o domingo 21 de decembro, aproveitando tamén a xornada para o embotellado da sidra elaborada na Eira da Xoana o pasado mes co fin de podela degustar nas últimas das actividades do ano.

 

 

PROGRAMA:

11.30 h => Inicio das actividades.

14.00 h => Xantar de convivio. Cadaquén trouxo o seu para compartillar como vén sendo costume da casa.

16.00 h => Continuamos coas actividades

20.00 h => Remate da xornada.

OPCIÓNS DE TRANSPORTE COLECTIVO

  • Dende Santiago de Compostela saiu un coche ás 10 horas con 2 prazas libres. O seu conductor foi Pepe e púidose contactar con el no teléfono 659 68 33 84.

banner_obra_foto

Comments are closed.