SÁBADO 06 DE DECEMBRO: OBRADOIRO DE INICIACIÓN Á FOTOGRAFÍA DA NATUREZA E ACTIVIDADES COMUNITARIAS

Como xa sabedes ou poderedes imaxinar, sempre hai cousas moi diversas que facer pola Eira da Xoana os primeiros sábados de cada mes. 

Hai tarefas de toda índole e para todas as idades. Entre outras, sempre hai algunha actividade de carácter físico que nos axuda a manternos en forma, pero tamén as hai intelectuais, culinarias, de organización, de coidado da casa e da contornae todo aquelo que se che poida ocorrer para manter nas mellores condicións posibles a nosa casiña común.

Ademais, para este sábado, grazas á colaboración da ASOCIACIÓN ENFÓCAME tivemos pola mañá en horario de 11:30 a 14:00 horas o seguinte obradoiro:

cartaz obradoiro fotografia

O obradoiro tivo carácter gratuíto, mais aquelas persoas que quixeron puideron facer unha APORTACIÓN SOLIDARIA á Asociación Enfócame.

Grazas pola colaboración.

PROGRAMA:

12.00 h => Comezo das ACTIVIDADES COMUNITARIAS e do OBRADOIRO DE INICIACIÓN Á FOTOGRAFÍA DA NATUREZA. 

14.00 h => Xantar de convivio. Como é costume da casa, cadaquén trouxo o seu para compartillar. Houbo postre e café por unha aportación solidaria de 3 €.

16.00 h => Continuamos coas actividades comunitarias.

20.00 h => Remate da xornada.

banner_obra_foto

 
OPCIÓNS DE TRANSPORTE COLECTIVO

  • Dende Melide saiu un coche con 2 prazas ás 10:30 hs. O condutor foi Jorge Lamas e o seu contacto: 616 48 25 79 ou raivenra@gmail.com. Regresou ás 16:30 horas a Melide.
  • Outro coche dende Melide con 2 prazas saiu pola mañá para o obradoiro. O condutor é Gerardo e o seu contacto kelaloporto@gmail.com. Tivo que estar de volta en Melide ás 14.30 horas.
  • Dende Santiago saiu outro con 2 prazas libres sobre as 10 horas con posibilidade de parar en Melide para recoller a alguén. Contacta con Pepe Salvadores para máis información. Teléfono: 630 85 70 07 ou email da Eira da Xoana. Regresou para Santiago ese mesmo día pola tarde-noite.
  • Dende Lugo, de diante da Escola de Maxisterio saiu Adela Fuigueroa ás 10:00 horas con 4 prazas.  Regresou pola tarde-noite para Lugo. O seu contacto é 686701344 ou a.figueroapanisse@gmail.com.

Comments are closed.