SÁBADO 08 DE NOVEMBRO: SAÍDA MICOLÓXICA NO ALTO ULLA

Contaremos como noutras ocasións co asesoramento e guía do farmacéutico e micólogo Alberte Granja.

PROGRAMA:

11.00 h => Encontro na Eira. Pequena explicación inicial e saída ó monte. Recomendábel levar navalla, un cesto e calzado apropiado para camiñar.

14.00 h => Chegada á Eira, onde clasificaremos os cogumelos.

14.30 h => Xantar de Convivio. cadaquén traerá o seu, que, seguindo o costume “da casa” compartillaremos cos compañeiros/as e complementaremos cos cogumelos acabados de apañar e ben cociñados (ou crus, dependendo da especie). Rematamos con “queixo con marmelo” e café ou infusións por unha aportación solidaria de 3 €.

banner-activ-comun-out-2014.jpg

Comments are closed.