SÁBADO 28 DE SETEMBRO: II HOMENAXE ÁS PERSOAS E COMUNIDADES CRENTES COMPROMETIDAS CO PAÍS 2013. HOMENAXE A LEOPOLDO LÓPEZ REGO.

Leopoldo López Rego foi un home adicado durante a súa vida á Defensa da Terra, acompañando sempre aos máis desfavorecidos na loita en contra dos abusos dos poderosos que agrediron social e medioambientalmente ao noso país.

Sirvan de exemplos:

  • Expropiación nas Encrobas por Fenosa.
  • Encoro de Portodemouros.
  • Roubos da praia de Baldaio aos veciños e veciñas.

 

NOTAS:

– Para o xantar de convivio, coma de cotío, cadaquén trouxo o seu xantar para compartir. Aportación solidaria 3 € .

– Durante a xornada, puidéronse adquirir e/ou reservar CD’s cunha montaxe fotográfica e musical da homenaxe do ano 2012, así como coa recompilación dos textos e poemas achegados nese día elaborada por Victorino Pérez e membros activos da Eira da Xoana. Aportación solidaria 3 € .

Houbo a disposición produtos de confianza das hortas d@s nos@s soci@s.

 

Comments are closed.