DOMINGO 28 DE OUTUBRO: FEIRA DE OUTONO NA EIRA

Dende as 11:00 e durante todo o día.

Houbo postos de artesanía (cerámica, cestería, etc) e produtos da terra (queixos, mel, embutidos, hortalizas, etc), con algunha demostración sorpresa dos nosos artesáns.

Tivemos xantar para gozar do día na Eira da Xoana (callos, polbo e outras viandas).Obradoiros e música.

 
 
 
 
 

PROGRAMA:

11.00 h => Obradoiro de Cestería.

12.00 h => Charla “Alimentación saudable”.

13.00 h => Xantar amenizado con Música.

16.30 h => Xogos populares, Obradoiro de chapas, e máis música.

17.00 h => Mesa redonda.Os produtos apícolas de Galicia. Impartida por membros de AGA (Asociación Galega de Apicultura)e de Abella Lupa SAT.

18.00 h => Sorteo dunha cesta entre os consumidores da Feira.

Comments

DOMINGO 28 DE OUTUBRO: FEIRA DE OUTONO NA EIRA — 2 Comentarios

  1. Pingback: Novas do 8 ao 31 outubro « Organización Galega de Comunidades de Montes

  2. Esta xornada de festa tivo como obxectivo reivindicar unha actividade ancestral na Galiza que irresponsablemente se perdeu co tempo. A sidra foi bebida común no noso país, elaborada a partir de variedades de mazá autóctona, variedades que desgraciadamente se foron perdendo ou están a piques de desaparecer. Hai na Ulloa restos de lagares onde se producía sidra e contan que na mesma Eira da Xoana se facía unha sidra moi apreciada e saborosa. Nestes momentos, máis que nunca, consideramos necesario recuperar a produción de alimentos elaborados con produtos locais e ecolóxicos, dúas condicións que a sidra cumpre sobradamente. Este ano, por coincidencia coa festa do magosto, xuntamos os dous motivos para celebrar un día no que os froitos do outono serían os protagonistas.