MÉRCORES 4 DE XANEIRO: “CANTAR OS REIS”

PROGRAMA:

11.00 h => Encontro na Eira. Relizouse algún traballo de urxencia (trasfega da sidra, etc) e tivemos o ensaio de todos os que quixeron participar na canta dos Reis que se realizou esa mesma tarde-noite.

Organizado polos grupos musicais:

  • Buxaina da Ulloa
  • María Castaña de Lugo

14.00 h => Xantar de Convivio. Cadaquén debeu levar a súa comida para compartir. Como noutras ocasións nós puxemos queixo, marmelo e café. Aportación solidaria 2 € soci@s e 3 € non soci@s.

16.00 h => Continuación dos ensaios antes de realizar o percorrido cos Cantos de Reis.

Comments

MÉRCORES 4 DE XANEIRO: “CANTAR OS REIS” — 2 Comentarios

  1. Os colectivos culturais: Buxaina de Palas de Rei e María Castaña de Lugo, hoxe despois de quedar na “eira da xoana”, para realizar un ensaio dos cantos de Reis, e máis para xantar; ás 17:00 puxémonos en marcha no noso percorrido pola parroquia de Ramil, no concello de Palas de Rei, onde está situada a eira da xoana. Tivemos a sorte de contar na cuadrilla con dous rapace foráneos, un andaluz e o outro Belga. Antes de partir démoslles as oportunas expricacións sobre a actividade que se ía realizar.
    Os cantos de reis tradicionais realizábanse a partir do día 1 de xaneiro. Xuntabase una cuadrilla de mozos e saían a cantar polas aldeas limítrofes casa por casa, polo que esta actividade duraba varios días. esto último era a razón para que as mulleres non participasen nesta actividade, reservada únicamente os mozos varóns.
    Cando chegaban a unha casa pedían licencia, se esta lles era concedida cantaban o canto de reis, no que se narraba o nacemento e adoración dos Magos de Ourente ó Fillo de Deus. Unha vez que remataba o canto dos reis pedían o aguinaldo, se este lle era concedido, ainda botaban outras cantigas ou uns bailes. No caso de que o aguinaldo non fose do seu agrado o non se lles dese cantabanlle unhas cantigas de “escarnio” para que servisen de escarmento, para o resto da aldea e para vindeiros anos.
    Pasaban a noite na aldea, para continuar o seguinte día nas casas que ainda non foran visitadas ou para trasladarse a aldea veciña.
    O día de regresar era o día 5 percorrendo a propia aldea e o día seguinte pola mañá cantabanse os reis na igrexa ou diante dela, aquí xa coa participación de toda a parroquia, intervindo tamen no canto as mulleres, maiores e os nenos.
    Co aguinaldo recibido, pola cuadrilla que saira cantalos reis, facíase unha comida comunitaria, na que participaba toda a parroquia e pondo máis elementos se se precisaban no caso de que os aguinaldos non fosen abondantes.

    Este é o 4º ano que os colectivos Buxaina e María Castaña de Lugo se xuntan para percorrer aldeas do Concello de Palas, onde fai a lo menos 35 anos que non se recorda de ter realizado esta actividade tradicional. Vilar de Donas, A ulloa ,Santiago de Albá e este ano Ramil, son algunhas das parroquias, que se levan percorrido.
    O obxectivo: manter viva a historia e que nuns anos sexan os veciños quen volvan sair cantar or reis.
    Nesta edición do 2012 acompañaronnos os máis pequenos de María Castaña: Mariña 4 anos, Josué 11 e de Buxaina foron Adrián de 12 e Pablo de 15 os máis novos, os mais maiores Concepción Pérez (tia Conchi) na década dos 70 e Isidoro Rodriguez, que neste ano cumple 35 anos de andainas no mundo da cultura tradicional , facendo e recollendo costumes pola xeografía do noso país

    Agradecemos a tódolos que nos acompañaron, os que nos recibiron e nos deron licencia para cantar os reis nas suas casas e os “medios” pola súa difusión, dun xeito especial a Marcial e a “Eira de Xoana”.
    Amenazamos con continuar na aldea, coas nosas xentes, namentres teñamos folgos, e xa estamos preparando as novas xeracións, mla que lles pese a algúns, que pretender facer da cultura a súa bandeira, cando a cultura é do pobo.

  2. Parabéns à Eira da Xoana por todas essas lindas atividades.
    Nas pequenas cidades do Estado do Rio de Janeiro, Brasil, temos ainda muitas “folias de Reis”. São como os “cantos de reis”, mas receberam forte influência dos negros que foram escravos no Brasil.
    As folias agora já não visitam as casas da área rural. Apresentam-se em espaços públicos urbanos (praças, clubes e centros culturais). Costumam promover encontros de folias, quando grupos de várias cidades se reunem num só lugar durante um fim de semana. Os encontros se realizam em diversas épocas do ano, não apenas no dia de Reis.
    Eu gostaria de ver fotos dos cantares de Reis na Galícia para observar semelhanças e diferenças com as folias brasileiras.
    Nos links abaixo há fotos da Folia de Reis Estrela do Oriente, da cidade de Santa Maria Madalena, no norte do Estado do Rio de Janeiro.

    http://rocadelivros.blogspot.com/2010/12/folia-chegou.html

    http://rocadelivros.blogspot.com/2010/12/folia-ii-faces-da-folia.html